Dixitización, que é? témolo xa superado ou aínda temos que pegarlle unha volta

 Non sei se vos comentei, pero este curso deixei a docencia. Bótoa en falta, non volo vou negar pero a aventura na que ando embarcada é verdadeiramente retadora.

Trátase de empuxar para a transformación dixital da educación en Galicia.  De que vai isto, de momento de asesorar a centros para a elaboración dun Plan Dixital. Estou de asesora ADIX.

Entón, vamos a ver, que ven sendo iso da transformación dixital da educación?

Digamos de entrada que xa temos parte do camiño andado, que podemos pensalo coma a cúspide dun proceso que podemos ver na seguinte pirámide:


Entón, comecemos polo principio, polo primeiro paso. A DIXITIZACIÓN, e iso que ven sendo? témolo feito xa? haberá que darlle unha volta?

Vamos con pequenas ''pílulas'' que ímolo ver mellor


A dixitización vai de convertir os nosos datos a formato dixital. Se falamos de educación eu penso nas miñas clases e nos meus materiais de clase, apuntamentos, presentacións, vídeos, liñas de tempo, mapas conceptuais, simulacións interactivas, ...







En principio, moitos de vós diredes proba superada, xa que moitos docentes levan anos dixitalizando os seus materiais. Non só iso, dende a administración levan tempo dotándonos de equipos e infraestrutura, que vale, haberá que mirar os centros e solucionar problemas e deficiencias, pero vaise facendo.

De todos xeitos, unha voltiña haberá que darlle. Por exemplo, analicemos un caso concreto. Miremos a Dixitación da documentación dun centro.


Non sei, penso que nos dous derradeiros puntos pode haber diferentes experiencias.

Qué opinades, temos todos os pasos do proceso cubertos? ou coma en todo, hai marxe de revisión e mellora.