Dado en Blockscad (exercizo básico e típico) . Sesión 1.1. do "curso de Blockscad"

 E sí, penso que podería ter aforrado esta entrada, que é sinxelísimo de sacar e está en moitas partes. 

Sí, xa o sei, pero moitas veces non fas entradas con estas cousas que parecen coma moi obvias e quedan no tinteiro.

Só por se serve de utilidade, o fixemos o outro día en directo, probablemente doutro xeito distinto, un dos encantos da programación é que non hai unha solución única para facer unha cousa. Podes llegar por moitos camiños distintos (mesmo pódeste liar...e tamén ser maravilloso). Todo é lóxica e matemáticas e algunhas sempre fumos namoradas das dúas cousas.

Se pasamos a modo avanzado de bloques poderemos cambiar os puntiños por texto, e mesmo se convertemos algún svg (debuxo vectorial) a stl poderemos facer cousas ao estilo Rory's Cubes pero personalizados co que queiramos. Pode ter algo máis de miga.... se queredes volo poño tamén en vídeo, xa sabedes comer e grabar é todo comezar! (é broma)

Por certo, aínda haberá unha 3ª parte da sesión 1 do curso....