Outro tipo de contido dos que se poden necesitar na aula son os mapas mentais.
A maiores da estupenda ferramenta incluída nas maquetas Abalar "Freemind" e complementaria dalgún xeito con ela xa que permite importación e exportación, veño de probar a ferramenta online WiseMapping.
Exemplo da interface |
Pódese traballar con ou sen rexistro, sendo mellor a primeira opción. Con rexistro pódense editar mapas mentais de forma colaborativa e compartilos na web e/ou inserilos nela e importar mapas de Freemind.
Permite a posibilidade de exportación a imaxe PNG ou JPG e a gráfico vectorial SVG (o cal é un bo punto) e mesmo a exportación a Freemind (aínda que neste caso é nunha versión anterior e precisa traballo para volver a deixalo bonito). Lembrar que Freemind logo da lugar tamén a diferentes tipos de exportación interesantes.
Menú de exportación |
Exemplo de mapa exportado a FreeMind
Navegando pola web podemos atopar outras alternativas. Pero esta digamos que é boa para recomendar.