Outra forma pero sen a parte de preguntas interactivas é un contido similar dentro da plataforma Roundme que tanto segue a gustarme e que permite colgar estes contidos de xeito gratuito. A gran vantaxe que lle vexo é a facilidade para cambiar a modo de gafas de VR nesta plataforma, algo que aínda non probei con H5P, e que permite unha experiencia completamente inmersiva.
De calquera das formas, semiinmersiva ou inmersiva, en pantalla ou con gafas, con preguntas interactivas ou só con contido asociado, disfrutade con nós desta visita que temos que agradecer e da que tantas ganas teñen todos os amantes do Parque do Pasatempo en Betanzos. Xa queda menos para volver a disfrutar de paseos por este entorno tan singular.